Apoio a persoas con discapacidade intelectual

 

FADEMGA Plena inclusión Galicia traballa por e para

as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

e as súas familias.

 

A nosa Federación chega a todos os ámbitos

como o ámbito do emprego, da educación

a participación cidadá, a accesibilidade

ou o acceso ao lecer e o deporte. 

 

Tamén traballamos na defensa dos dereitos,

de todas as persoas con discapacidade intelectual

para que todo o colectivo poida formar parte da sociedade

en igualdade de condicións ao resto da cidadanía. 

 

Aquí podes coñecer os diferentes programas que desenvolvemos

para conseguir os nosos obxectivos.