Quen somos?

FADEMGA Plena inclusión é a federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

En FADEMGA traballamos defendendo os dereitos

das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

Tamén traballamos para que teñan unha boa calidade de vida. 

 

O noso obxectivo é lograr que a sociedade sexa máis xusta e solidaria,

onde todas as persoas, sexan cales sexan as súas capacidades,

teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 

 

FADEMGA forma parte de Plena inclusión España. 

Plena inclusión España é a Confederación que representa,

coordina e apoia a todo o noso movemento asociativo en España.

A Confederación está formada por 17 federacións autonómicas. 

 

A NOSA BASE SOCIAL


FADEMGA Plena inclusión Galicia está formada

por 41 asociacións das 4 provincias galegas, 

ten 7 mil persoas socias

e representa a máis de 9 mil persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento. 

 

FADEMGA atende ás persoas con discapacidade intelectual

de maneira directa a través de programas

ou de maneira indirecta a través das asociacións. 

 

Tamén cubrimos aquelas necesidades

das asociacións que teñen menos recursos

e organizamos diferentes programas para axudar ás asociacións

a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual.