Política de Privacidade
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Os datos persoais desta páxina web
respectan as esixencias do:
- Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo,
- Consello do 27 de abril de 2016 sobre á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos,
- A Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais,
- Demais lexislación vixente en materia de protección de datos.
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
O responsable do tratamento dos seus datos é Fademga Plena inclusión Galicia. Fademga é a Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. O NIF de Fademga é G36620037.
O seu domicilio está no Polígono Industrial do Tambre, Vía Pasteur, 53 B, 15890, Santiago de Compostela (A Coruña) España. O correo electrónico é fademga@fademga.org.
Cal é a finalidade coa que tratamos os seus datos?
- Datos das persoas que contactan a través dos medios indicados no apartado de "Contacta": Tratamos os seus datos para xestionar as súas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque queremos atender ás comunicacións necesarias para levar a cabo a nosa actividade.
- Datos das persoas que envían o seu currículo a través do apartado de "Traballa connosco":
- Xestión da participación nos nosos procesos de selección: podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque nos deu o seu consentimento ao presentar a súa candidatura, ou porque existe unha relación precontractual ao participar nun proceso de selección aberto.
- Xestión e xustificación de subvencións: podemos tratar os seus datos con este obxectivo porque temos un interese en obter o financiamento necesario para poder continuar desenvolvendo a nosa actividade.
- Datos das persoas que deixan comentarios en noticias: Tratamos os seus datos para promocionar e avaliar a calidade dos nosos servizos. Podemos tratar os seus datos con este obxectivo porque temos un interese en difundir e mellorar a nosa actividade.
- Datos das persoas que se subscriben ao boletín: Tratamos os seus datos para xestionar a súa subscrición, para promocionar a nosa actividade enviándolle noticias e información sobre actividades e eventos de interese. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque nos dá o seu consentimento.
Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
- Datos das persoas que contactan a través dos distintos medios indicados no apartado de "Contacta" e datos das persoas que deixan comentarios en noticias: Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para alcanzar o obxectivo indicado.
- Datos das persoas que envían o seu currículo a través do apartado de "Traballa connosco":
- No caso de que presentase a súa candidatura, os seus datos conservaranse durante un prazo máximo de 2 anos.
- No caso de que participe nun proceso de selección aberto, os seus datos conservaranse ata a finalización do mesmo. Unha vez rematado o proceso, no caso de que teñamos interese en valorar o seu perfil para futuros postos vacantes, os datos poderanse conservar durante un prazo máximo de 2 anos.
- No caso de que os seus datos sexan necesarios para a xestión e xustificación de subvencións, conservaranse durante o tempo necesario para alcanzar este obxectivo e debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición máis amplo de conformidade coa lexislación aplicable.
- Datos das persoas que se subscriben ao boletín: Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para alcanzar a finalidade indicada e durante o prazo de prescrición máis amplo dacordo coa lexislación aplicable.
É obrigatorio que nos facilite os seus datos?
Datos das persoas que envían o seu currículum a través do apartado de "Traballa connosco". Os seus datos son necesarios para xestionar a súa participación e os procesos de selección abertos, sen eles non se poderá formalizar a relación.
A quen se comunicarán os seus datos?
- Datos das persoas que contactan a través dos distintos medios indicados no apartado de "Contacta" e datos das persoas que se subscriben ao boletín: Non se van a ceder os seus datos a terceiros, comunicaránse aos nosos encargados de tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados.
- Datos das persoas que envían o seu currículo a través do apartado de "Traballa connosco":
- Comunicaranse a entidades e organismos subvencionadores os datos que sexan necesarios para a xustificación de axudas e subvencións.
- Comunicaranse aos nosos encargados de tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados aos mesmos.
- Datos das persoas que deixan comentarios en noticias:
- Comunicaranse ao público en xeral, a través da propia publicación.
- Comunicaranse aos nosos encargados de tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados aos mesmos.
Realizaranse transferencias dos seus datos a terceiros países?
No caso de que se subscriba ao boletín, con ocasión da utilización da plataforma de Mailchimp poderase producir unha Transferencia Internacional dos seus datos a EE.UU. ou a calquera outro país no que os seus subencargados manteñan operacións. Estas transferencias realizaranse mediante cláusulas contractuais tipo ou garantías alternativas. Se o desexa pode obter máis información a través de: https://mailchimp.com/legal/data-processing-addendum/#6._International_Transfers.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
- Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non. Dereito a saber: cales son, para que se usan, canto tempo vanse gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van a comunicar a un terceiro.
- Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos erróneos e a que se completen os datos persoais incompletos.
- Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recolleitos, incluído o dereito ao esquecemento.
- Oposición: dereito a opoñerse en determinadas circunstancias a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
- Limitación do Tratamento: dereito a solicitar nas circunstancias establecidas por Lei que non se traten os seus datos máis aló da conservación dos mesmos.
- Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa posible.
- Dereito a retirar o consentimento: no caso de que a base de lexitimación para o tratamento dos seus datos sexa o seu consentimento, ten dereito a retiralo en calquera momento. Se o fai non se verán afectados os tratamentos de datos que se puideron realizar con anterioridade.
Onde poderá exercitar os seus dereitos?
O exercicio de dereitos deberá facerse por escrito, dirixíndose a: Polígono Industrial do Tambre, Vía Pasteur, 53 B, 15890, Santiago de Compostela (A Coruña) España ou ao correo electrónico fademga@fademga.org.
Fademga Plena inclusión Galicia (Federación galega de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento) pon á súa disposición modelos para a realización do exercicio de dereitos que poden obterse na dirección ou a través do correo electrónico indicados antes. Para máis información: www.aepd.es.
Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control?
No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob. En ambos casos deberá acompañar a documentación pertinente.