Biblioteca

Enche este formulario e solicita o teu exemplar!

Nome Descripción Categoría Exemplares

20.000 leguas baixo dos mares/ 20.000 leguas de viaje submarino

A novela narra a aventura do profesor Aronnax, o seu asistente Conseil e o arponero Ned Land a bordo do submarino Nautilus, comandado polo enigmático Capitán Nemo, explorando os misterios do océano e enfrontando perigos descoñecidos.

Ciencia ficción

0

Palabra de pedra/ Palabras de piedra

"Palabras de pedra" narra a odisea dun home con autismo de alto rendemento que decide viaxar co seu fillo Guille, quen é máis afectado. A viaxe implica tomar decisións en solitario, renunciando á seguridade de quen o coidaba, e enfrontando o reto de adaptarse a un mundo que non está deseñado para persoas con TEA. A novela explora temas de autoconocimiento, aceptación de limitacións e o risco de soñar a pesar das dificultades.

Narrativa

8

Os Balbinos visitan museos de Galicia/ Los Balbinos visitan museos de Galicia

Este conto infantil narra as aventuras desta simpática familia formada por Lúa, Bal e os seus pais Lena e Lino e que, nesta ocasión, os levará a visitar varios museos galegos nos que descubrirán todos os segredos que se agochan na terra, no mar, no universo e na propia evolución do ser humano.

Infantil

1

Memorias dun neno labrego/ Recuerdos de un niño labrador

"Memorias dun neno labrego" é unha novela que narra a infancia de Balbino, un neno dun pequeno pobo rural na Galicia da posguerra. A obra explora temas como a familia, a amizade, a educación e a cultura, ofrecendo unha visión íntima da vida rural e os costumes da época. A través dos recordos de Balbino, revélase a loita contra as inxustizas e o caciquismo da sociedade galega, así como a importancia da aprendizaxe e a conexión co pasado. A novela é un testemuño da riqueza cultural de Galicia e a esencia das súas tradicións, todo visto a través dos ollos dun neno.

Historia

8

A biblioteca de Julia/ La biblioteca de Julia

Martín é un neno cego. Sabes como pode atopar libros na biblioteca? Sabes que hai libros con páxinas en branco que Martín si pode ler? A biblioteca de Julia parece un pouco máxica pero é moi real. Coñece as historias fantásticas de Martín Ana, Laura, Carlos ou Noah. Plena inclusión agradece ás autoras a cesión da obra para difundila de forma gratuíta. Este conto é moi interesante para falar a nenas e nenos sobre a diversidade e a accesibilidade. Ademais inclúe actividades. Este conto é o resultado do Traballo de Fin de Grao realizado por Andrea Catalán na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Salamanca.

Narrativa

1

Xogo sucio/ Juego sucio

Que serías capaz de facer por amor? Xavier é un home namorado, pero deberá superar un obstáculo para poder estar con Juna. Este obstáculo é unha persoa, e a única solución é que esta morra. Xavier verase capaz de traspasar os límites éticos de vísaa e a morte por amor?

Narrativa

8

Espantallo amigo/ Espantapájaros amigo

Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos.

Infantil

1

A pantasma da casa do lado/ El fantasma de la casa de al lado

Este libro está adaptado ao sistema de Lectura Doado: un modo de facer a lectura accesible a diferentes tipos de necesidades específicas de aprendizaxe. Na casa de ao lado vive unha pantasma. Dígovos a verdade! Polas noites véxoo moverse. Lucas retoume a comprobalo... E agora que fago? Teño que demostrarlle que son valente!

Infantil

1

O asasino da súa segunda sombra/ El asesino de su segunda sombra

A familia Altamira acolle a Alba, unha nena de 12 anos refuxiada de Bosnia. Alba chega ao pobo atemorizada polo recordo da guerra que deixou atrás. Ata que coñece a Toni, e crean unha bonita amizade. Pero Toni, presionado por outros compañeiros de clase, empeza a tratar mal a Jamal, un compañeiro musulmán. Toni e Alba empezan a distanciarse... E, un día, Alba desaparece.

Suspense

8

A auga do Riff/ El agua del Riff

Durante o ano, en Rubí, son o fillo de Fatma, a do 4º3ª, Fatma, a marroquina, a do pano. Cada verán, cando chegamos a Marrocos, recíbennos como triunfadores porque temos un coche mellor que o dos nosos curmáns, porque a miña nai lles regala colonia, bicicletas para os máis pequenos e roupa de marca. Mención especial do 1º Premio de Novela Curta de Lectura Doado organizado por CCOO.

Narrativa

8

Contos sorprendentes/Cuentos sorprendentes

Cinco relatos breves que comparten pinceladas de humor, mirada crítica e finais sorprendentes. Os contos seleccionados son: «A porta aberta» de H. H. Munro 'Saki, «O agasallo de Reis» dO. Henry, «O colar» de Guy de Maupassant, «A vinganza» de Antón P. Chéjov e «O espectro» de Horacio Quiroga.

Relato curto

8

Contos da selva/ Cuentos de la Selva

A selva é o escenario e personaxe omnipresente destes contos. Por ese entón, Quiroga decide abandonar a comodidade do ambiente urbano para instalarse na selva misioneira. Esta, coa súa violencia natural incontida, fronte ao home, aliado ás veces, destrutor as máis, desa natureza salvaxe.

Infantil

1

Cruce de mundos

Novela histórica sobre a amizade entre tres mozos: un israelita, unha fenicia e un escravo africano. Tres culturas, tres relixións, tres xeitos distintos de entender o mundo.

Historia

3

Bailar un tango en Madrid

O libro "Bailar un Tango en Madrid" narra a historia de Nahuel, un mozo arxentino que, tras a crise económica de 2001, vese obrigado a emigrar a un país descoñecido para el. Ao longo da súa viaxe, Nahuel atópase nun avión, lonxe dos seus seres queridos, e comeza a explorar unha nova sociedade. O libro explora o impacto do corralito na vida dos arxentinos e como o baile do tango convértese nun medio de comunicación e expresión cotiá.

Historia

19

A máquina de tempo/ La máquina del tiempo

A máquina do tempo narra a historia dun mozo científico que constrúe unha máquina capaz de viaxar a través do tempo. Na súa viaxe ao futuro, descobre unha sociedade dividida en dúas razas: os Eloi, que son pacíficos e viven na superficie, e os Morlocks, que son subterráneos e salvaxes. A medida que avanza, o protagonista enfróntase a dilemas éticos e filosóficos que o levan a cuestionar o curso da historia e o destino da humanidade. A novela é un clásico da ciencia ficción que resistiu o paso do tempo e segue sendo relevante hoxe en día.

Ciencia ficción

1

A idade da inocencia/ La edad de la inocencia

A novela "A idade da inocencia" de Edith Wharton explora o conflito entre as vellas tradicións e a chegada dos novos tempos na alta sociedade de Nova York. A través da historia de Newland Archer e a condesa Olenska, Wharton invítanos a reflexionar sobre a moralidade e a hipocrisía nunha sociedade que parece estar rexida por normas implacables. A presenza da condesa Olenska desafia as normas e plans de Newland, cuestionando todo o que el consideraba aceptable e natural. A novela vai máis aló dunha simple historia de amor, enfocándose no dereito á liberdade para vivir de acordo coa propia natureza, mesmo se iso significa desafiar as convencións sociais

Narrativa

1

A familia das curandeiras

A novela "A FAMILIA DÁS CURANDEIRAS" de Marisa Castro Cerceda é unha homenaxe ás curandeiras e curandeiros de Galicia. A historia segue a Rosalía, unha muller humilde e sabia que viviu nos anos difíciles da Guerra Civil e a ditadura franquista. A través da súa vida, coñécese a Rosalía, unha muller que traballou moito para axudar aos demais, aliviando os seus problemas e dándolles esperanza. A novela é doado de ler e entender, o que a converte nunha lectura accesible para a maioría das persoas.

Historia

1

A Bolboreta Arlequina

O argumento de "A Bolboreta Arlequina" céntrase nas diferenzas que nos fan únicos e na importancia de aceptar a cada persoa tal como é. A historia destaca a empatía e a autoestima, e é unha mensaxe que busca inspirar aos lectores para valorar a diversidade e a ser aceptados por quen nos rodea.

Infantil

2

Baixo o mesmo teito / Bajo el mismo cielo

Unha nai e unha filla foxen da Guerra Civil Española nun barco que se chama Winnipeg. Este é o barco que o escritor Pablo Neruda fixo partir dende Francia cara a Chile no ano 1939.

Ficción contemporánea

1

Certame de relatos en lectura fácil/ Certamen de relatos en lectura fácil

En este libro puedes leer todos los relatos cortos ganadores del Certamen de relato corto que organizó Fademga Plena inclusión Galicia.

Relato curto

8

Trampa de lume / Trampa de fuego

Trampa de lume trata da historia real do incendio dunha fábrica téxtil en Nova York no ano 1911. No lume morreron 146 persoas, case todas mulleres. Este feito levou á loita das mulleres polo traballo decente é a celebrar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Poesía

8

Sete días no lago / Siete días en el lago

Unha rapaza atrapada entre dúas paixóns, entre dous homes moi distintos, un inglés alto e forte, e un catalán pequeno e introvertido. Con cal quedará?

Narrativa

0

Os pazos de Ulloa / Los Pazos de Ulloa

Un cura chega aos Pazos de Ulloa para axudar a un señorito a administrar as súas posesións. Un retrato da Galicia rural do século XIX.

Narrativa

8

Oliver Twist

Narra as aventuras e desventuras dun neno orfo que vive nun hospicio ata que é o suficientemente maior para empezar a traballar como axudante dun fabricante de cadaleitos.

Narrativa

8

Onda de calor / Ola de calor

Sara vaise soa en bicicleta unha calorosa noite de verán despois de discutir co seu noivo. Á mañá seguinte, atopan o corpo da moza sen vida nun parque.

Suspense

8

Páxina 1 de 3 Seguinte Último