Historia

FADEMGA Plena inclusión Galicia naceu en 1979, como resultado da unión de 5 asociacións de nais e pais que prestaban servizos a persoas con discapacidade intelectual en Galicia.

As 5 entidades que fundaron Fademga Plena inclusión Galicia 

foron: 

  • Aspas,
  • Aspanas, 
  • Aspronaga,
  • Apetesfra (hoxe coñecida como San Francisco)
  • e Chamorro. 

As familias destas asociacións

comprenderon que a unión facía a forza. 

Para que a administración as escoitase

e para lograr cambios importantes na sociedade

tiñan que estar unidas. 

 

No ano 1981, Fademga uniuse á Confederación estatal Feaps

e comezou a chamarse Fademga Feaps Galicia. 

 

CHEGA A PLENA INCLUSIÓN


No ano 2015 Feaps cambia de nome

porque as persoas con discapacidade intelectual

non se sinten representadas co nome de Feaps.  

As persoas con discapacidade intelectual e as súas familias

querían que Feaps tivese un nome

que representase a súa loita

por se considerados cidadáns de pleno dereito. 

 

Por iso Feaps comeza a chamarse Plena inclusión

e cambia de logotipo. 

O logotipo é a imaxe que prepresenta a unha organización. 

 

O novo logotipo é un trevo de catro follas. 

A folla máis grande do trevo

simboliza á persoa con discapacidade intelectual. 

Nesta ligazón podes ver o vídeo no que se presentuo a nova identidade.

 

O TRABALLO EN EQUIPO: A NOSA MAIOR FORTALEZA


Nos últimos anos

a relación entre Fademga e a Confederación Plena inclusión

foi facéndose máis forte. 

Agora as persoas profesionais de Plena inclusión e de Fademga

colaboran e traballan máis unidos

para avanzar xuntos cara á nosa Misión.