Apoio a Entidades
FADEMGA Plena inclusión Galicia ten 42 asociacións federadas.
As asociacións e FADEMGA estamos unidas por un compromiso común:
mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual
e as súas familias.
FADEMGA traballa representando os intereses das asociacións
ante as administracións públicas.
Tamén coordinamos os obxectivos, actividades
e recursos que teñen as asociacións,
e tratamos de que intercambien experiencias entre elas
para ter entre todas máis éxito.
Este traballo en equipo garante uns apoios máis efectivos
e axustados ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual.
Para conseguir estos obxectivos
en FADEMGA temos varias áreas transversais.
As áreas transversáis son as que prestan apoio a todas as asociacións
e tamén a todos os programas de FADEMGA.
Estas áreas son:
- Administración
- Calidade
- Comunicación
- Formación
A través destas áreas ofrecemos ferramentas e recursos
que contribúen á mellora continua.