Administración
Xestionamos e asesoramos ás entidades

En FADEMGA Plena inclusión Galicia
damos apoio administrativo ás nosas entidades.
Ofercemos representación, información,
asesoramento e coordinación
en cuestións moi importantes para o seu desenvolvemento.
O noso obxectivo é dotar ás asociacións
para que podan dar apoio e servizos de calidade
ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Representación ante administracións públicas e privadas
Defendemos os intereses das asociacións
ante organismos públicos e privados.
Traballamos para lograr avances en normativas,
recursos e oportunidades
que favorezan a inclusión e o benestar
das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Información e asesoramento
Ofrecemos apoio na xestión de trámites administrativos e lexislativos. Algunhas das principais áreas nas que asesoramos inclúen:
- Procedementos para a incorporación de novas entidades á federación,
- Obtención da tarxeta de transporte para persoas con discapacidade,
- Exencións fiscais como a exención do IVE,
- Creación e xestión de centros e servizos especializados,
- Adquisición de vehículos adaptados e outros recursos materiais,
- Cuestións laborais e normativas vixentes,
- Accesibilidade e adaptacións legais,
- Modificación e adaptación de estatutos,
- Elaboración e xestión de convenios e contratos,
- Solicitude e xestión de subvencións autonómicas e estatais.
Xestión de infraestruturas, equipamentos e servizos
Detectamos as necesidades que teñen as nosas entidades
no que se refire aos seus centros e equipamentos.
Colaboramos nas negociacións con organismos públicos
para mellora os recursos materiais e persoais.
Incidencia política
Unha das nosas tarefas como Federación
é conseguir unha comunicación fluída e eficaz
cos representantes políticos e coa administración,
para lograr novas políticas públicas que teñan en conta
as necesidades do noso sector.
Coordinación coas entidades e entre as entidades federadas
Facilitamos a comunicación e o traballo conxunto
entre as nosas entidades.
Promovemos unha fronte común para a defensa de dereitos
e o establecemento de estratexias compartidas.

