Axudas

Nome Convoca Estado Descripción Área De Actuación Carácter Axuda Ano

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o investimento de servizos sociais e sociosanitarios no ano 2027 (FOIE/2027) Ex

Deputación Provincial da Coruña

Aberta

Obxecto.- O obxecto deste programa é financiar os investimentos realizados polas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento das súas actuacións no ámbito dos servizos sociais na provincia da Coruña, tanto os destinados aos centros nos que prestan os seus servizos como os directamente vinculados á execución de programas, servizos ou actividades de carácter social.

Social

Autonómica

2026

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da coruña para a mellora dos servizos e programas en materia de servi

Deputación Provincial da Coruña

Aberta

Obxecto.- O obxecto do programa é financiar os gastos de mantemento dos centros de servizos sociais e sociosanitarios da provincia da Coruña durante o ano 2027, co obxecto de contribuír ao seu funcionamento e á continuidade dos servizos que prestan. Serán subvencionables os gastos de mantemento dos centros que presenten necesidades de financiamento no exercicio subvencionado. A subvención provincial non poderá dar lugar, en ningún caso, a un exceso de financiamento do centro.

Social

Autonómica

2026

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de subvencións ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da coruña para a mellora dos servizos e programas en materia de servi

Deputación Provincial da Coruña

Aberta

Obxecto.- O obxecto desta convocatoria é financiar a adquisición de vehículos novos destinados ao transporte colectivo de persoas ou ao transporte de mercadorías, por parte de entidades privadas sen ánimo de lucro da provincia da Coruña, destinados de forma exclusiva ao desenvolvemento de servizos ou programas propios de carácter social ou sociosanitario dirixidos á atención de persoas maiores, persoas con discapacidade e/ou dependencia, persoas con trastornos adictivos

Social

Autonómica

2026

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais e sociosani

Deputación Provincial da Coruña

Aberta

Obxecto.- O obxecto do programa é financiar os gastos derivados do desenvolvemento de programas, actividades, servizos e prestacións de carácter social ou sociosanitario realizados por entidades sen ánimo de lucro durante o exercicio subvencionado, dirixidos á atención das persoas destinatarias nas distintas áreas de intervención social.

Saúde

Autonómica

2026

EXTRACTO DO ACORDO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA POLO QUE SE CONVOCAN SUBVENCIÓNS PARA FINANCIAR BENS E SERVIZOS EN CAMPIONATOS OU EVENTOS DEPORTIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

Aberta

Axudas para eventos deportivos na provincia de Pontevedra 2ª convocatoria de 2025 Estas bases serven para: Explicar como se pode pedir a axuda. Regular o procedemento de solicitude e concesión. Para que son estas axudas? Pódense usar para dúas cousas: Mercar obxectos para regalar ás persoas que participan nun campionato ou nun evento deportivo. Pagar servizos necesarios para organizar e facer o campionato ou o evento deportivo.

Deporte

Provincial

2026

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN, DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ANPAS E CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS E CONCERTADOS DOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE

Deputación de Pontevedra

Aberta

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, da cuarta edición do programa “Vive o rural”, dirixida ás asociacións de nais e pais de alumnas e alumnos (en diante, anpas) dos centros educativos públicos e concertados e aos propios centros escolares dos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes, para organizar visitas de educación ambiental ás granxas escola da provincia de Pontevedra inscritas

Educación

Provincial

2026

Solicitude de colaboración económica 2026 para proxectos de Fundación Ibercaja

FUNDACIÓN IBERCAJA

Aberta

Solicitude de colaboración coa Fundación Ibercaja A quen vai dirixida? Estas solicitudes son para: Entidades sen ánimo de lucro que queiran pedir unha axuda económica á Fundación Ibercaja para facer un proxecto. Que tipo de proxectos poden presentarse? É recomendable que o proxecto estea relacionado con algunha destas áreas: Educación Empregabilidade Cooperación Cultura Medio ambiente Patrimonio

Proxectos

Nacional

2026

10ª edición Premios á Innovación Social

FUNDACIÓN MAPFRE

Aberta

Expón un reto: contribuír a mellorar a calidade de vida e o benestar das persoas. Unha invitación para atopar novas respostas a algúns dos grandes desafíos do noso tempo nos ámbitos do benestar; as transformacións demográficas; e a inclusión social.

Social

Nacional

2026

Convocatoria Santander Axuda-Educación para a infancia e a adolescencia vulnerable

FUNDACIÓN BANCO SANTANDER

Aberta

O obxectivo deste programa é apoiar iniciativas orientadas a impulsar o desenvolvemento educativo de nenos, nenas e adolescentes (de 0 a 18 anos) en risco de pobreza e exclusión social para que poidan desenvolver o seu potencial e ter un futuro mellor

Xuventude

Nacional

2026

Convocatoria Talento Artístico

FUNDACIÓN EUROCAJA RURAL E PLENA INCLUSIÓN ESPAÑA

Aberta

Obxectivo.- Promover a inclusión social, o empoderamento e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través de iniciativas vinculadas ás artes plásticas, visuais, escénicas, musicais e literarias.

Cultura

Nacional

2026

Premio literario Zigia28 e Argadini

Centro cívico cultural Zigia28 y Argadini

Aberta

A convocatoria conta con dúas modalidades: poesía e relato curto. Aceptarase unha obra por participante en cada categoría. Os textos poderán ser de tema e forma libre.

Cultura

Nacional

2026

Programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2026 e das axudas de transporte para persoas con discapacidade (bono-taxi)

CONCELLO DE VIGO

Aberta

Estas Bases teñen por obxecto fixar os criterios e regulamentar a concesión de axudas económicas con cargo ós orzamentos municipais do Concello de Vigo para atender situacións extraordinarias que poidan considerarse de emerxencia social e mellorar a mobilidade urbana das persoas afectadas por graves discapacidades.

Social

Local

2026