Causas
Hay 4 factores que poden darse
antes, durante ou despois do nacemento.
Trátase de:
1) Algún trastorno xenético
como a síndrome de X Fráxil, a fenilcetonuria
e a síndrome de Lesch-Nyhan.
Estes trastornos son transmitidos ao neno ou nena
a través dos xenes.
2) Trastornos cromosómicos:
Os máis frecuentes son a síndrome de Down,
a síndrome de Prader-Willi
e a síndrome de Angelman.
3) Causas biolóxicas e orgánicas:
aparecen antes, durante ou despois do nacemento.
As principais causas prenatais son o sarampelo
e a rubeola durante o embarazo,
ou o consumo de toxinas ou de certos medicamentos.
En canto aos factores perinatais
que son os que suceden durante o alumeamento,
destacan:
- a exposición a toxinas ou infeccións
por exemplo o herpes xenital,
- a presión excesiva na cabeza
- ou a asfixia.
Tamén poden darse algunhas causas despois do nacemento
como un golpe no cráneo ou unha meninxite.
4) Causas ambientais:
por exemplo, mala alimentación da nai durante o embarazo,
o consumo de drogas ou alcol,
a falta de estimulación física e sensorial
ou a falta de atención sanitaria.