Que é?
As persoas con discapacidade intelectual
teñen algunhas limitacións
para funcionar na súa vida diaria.
Cústalles máis aprender habilidades sociais e intelectuais
para actuar en diferentes situacións.
A discapacidade intelectual
non só ten que ver coa persoa.
Tamén ten moito que ver
coa súa relación coa contorna.
En contornas inclusivas
as persoas con discapacidade intelectual
poden desenvolver moitas habilidades.
A DEFINICIÓN DA DISCAPACIDADE INTELECTUAL CAMBIOU NO ANO 2022
Dende o ano 2022 entendemos así
a discapacidade intelectual:
- É a limitación do funcionamento intelectual
É dicir, ás persoas con discapacidade intelectual
cústalles comprender ou razoar.
- É unha limitación da conduta adaptativa,
en temas como os conceptos,
as relacións sociais ou a prácticas.
Por exemplo: cústalles adaptarse
aos cambios que ocorren na túa familia,
no traballo ou no mundo.
- Todo isto ocorre
antes dos 22 anos.