Calidade

Compromiso coa mellora continua

 

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

traballamos para que os nosos servizos sexan útiles

e axuden ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias

a vivir mellor.

 

Queremos que todo o que facemos

marque a diferenza.

Para iso, sempre buscamos mellorar

e facer máis fáciles os procesos de traballo

dentro das nosas entidades e da Federación.

 

O noso obxectivo é que cada persoa

reciba os apoios que necesita para ser máis autónoma

e participar de maneira activa na sociedade.

 

METODOLOXÍA

A nosa maneira de traballar baséase en normas de calidade

recoñecidas en moitos países.

Nós adaptamos estas normas

ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

e ás súas familias. 

 

A Calidade tamén está relacionada coa

- Xestión das asociacións,

- Coa formación dos equipos

- Coa creación de novas ferramentas de axuda. 

 

Dende FADEMGA sempre avaliamos o noso traballo,

buscamos novas formas de mellorar

e promovemos que as entidades federadas

compartan experiencias e boas prácticas

para aprender unhas das outras e avanzar xuntas.

 

En definitiva, a Calidade en FADEMGA non é algo puntual,

senón que é un compromiso continuo para que o noso traballo

mellore a vida das persoas con discapacidade intelectual

e das súas familias.