Calidade de vida familiar

As familias teñen calidade de vida

cando todas as persoas que a compoñen:

  • Teñen cubertas as súas necesidades básicas.
  • Gozan do tempo compartido como familia.
  • Contan con oportunidades para acadar os obxectivos importantes para cada unha delas.

A calidade de vida pode ter un significado diferente para cada familia,

dependendo da súa experiencia, dos valores que comparten,

das súas crenzas e das expectativas de cada persoa membro.

Porén, existen algúns elementos comúns que inflúen en todas as familias.

 

QUE FACTORES DETERMINAN A CALIDADE DE VIDA FAMILIAR?

No caso das familias con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento,

estes factores varían en función da idade da persoa con discapacidade. 

Para familias con fillos e fillas menores de 18 anos:

  • Clima familiar: relacións entre os membros da familia, como por exemplo, o apoio mutuo ou o respecto.
  • Estabilidade emocional: sentirse en paz, poder desenvolver proxectos persoais ou dispoñer de tempo para a vida en parella.
  • Benestar económico: contar cos recursos necesarios para cubrir as necesidades da familia.
  • Adaptación familiar: valores e cambios que a familia ten para xestionar os retos do día a día.
  • Recursos dispoñibles: acceso a apoios para afrontar os desafíos do desenvolvemento da persoa con discapacidade.

Para familias con persoas con discapacidade maiores de 18 anos:

  • Clima familiar: a calidade das relacións entre os membros da familia, como por exemplo, o apoio mutuo ou o respecto.
  • Autonomía da persoa con discapacidade.
  • Benestar económico: dispoñibilidade de recursos para cubrir as necesidades da familia.
  • Organización e funcionamento familiar: repartición das responsabilidades de apoio á persoa con discapacidade.
  • Apoio familiar á persoa con discapacidade: acompañamento, apoio e planificación do seu futuro.

 

Na nosa sección de bibliografía dedicada á Calidade

podedes consultar doucmentación relacionada coa Calidade de Vida Familiar.

 

 

A calidade de vida familiar é un obxectivo clave

para mellorar o benestar das persoas con discapacidade e das súas familias.

En Galicia traballamos para garantir os apoios

que fagan posible unha vida plena e inclusiva.