O Sistema de Calidade Plena

Apoiar e atender ás persoas con discapacidade intelectual
e as súas familias é algo moi importante.
Moitas organizacións traballamos niso.
Pero non vale só con traballar
con moitas ganas ou boas intencións.
Ademais, é importante facelo ben.
É dicir, facelo con calidade.
A calidade é unha obriga que temos as organizacións.
Tamén é un dereito que teñen as persoas con discapacidade
e as súas familias.
Pero como podemos saber
que traballamos con calidade?
Neste documento,
podes ler máis sobre o modelo de Calidade Plena.
QUE OFRECE A ÁREA DE CALIDADE DE FADEMGA ÁS ENTIDADES?
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
animamos e apoiamos ás entidades federadas
para que se inicien neste Modelo, asesorandoas en:
- Como iniciar o proceso de Calidade Plena inclusión.
- Como constituír o Equipo de Autoavaliación.
- Como facilitar a participación das persoas con discapacidade intelectual.
- Como realizar a indagación.
- Como dinamizar as reunións de consenso.
- Como realizar a comunicación interna.
Se queres máis información sobre o Sistema de Calidade,
ou saber como podemos apoiar á túa entidade no proceso de acreditación,
podes contactarnos en calidade@fademga.org

