Compliance

O Compliance é o conxunto de políticas,

procedementos e accións

que levamos a cabo desde FADEMGA Plena inclusión Galicia

para asegurar que o que facemos axústase á lexislación vixente

e aos nosos estándares éticos.

 

Este cumprimento está regulado pola Lei de protección

das persoas que informen sobre infraccións normativas

e de loita contra a corrupción.

 

CANLE DE DENUNCIAS

Para garantir o Compliance, en FADEMGA tomamos diferentes medidas

entre as cales está a nosa Canle de denuncias.

 

Esta canle pódena utilizar as persoas empregadas, colaboradoras,

directivas e outros grupos de interese,

co fin de comunicarnos calquera irregularidade

ou incumprimento do noso código ético, dos nosos valores

ou da normativa legal que debemos cumprir.

 

As comunicacións a través da canle de denuncias son confidenciais,

pero tamén poden ser anónimas,

aínda que animamos ás persoas denunciantes

a que nos faciliten algunha dirección de correo electrónico, t

eléfono ou correo postal para poder contactar.

Isto facilitará a investigación da denuncia.

 

Para garantir a obxectividade, imparcialidade,

autonomía e efectividade do sistema,

a Canle de denuncias está xestionada

por un despacho de avogados externo,

sen a intervención de ningunha persoa directiva

ou membro do órgano de administración

durante o desenvolvemento do proceso.

 

Desde FADEMGA agradecémosvos a vosa colaboración

para manter a integridade da nosa organización

erradicando calquera comportamento irregular

ou inadecuado.