Exclusión social
Garantindo a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Segundo un informe publicado por EAPN España,
as persoas con discapacidade son un dos colectivos
que máis pobreza e exclusión social sofre
porque teñen menos oportunidades laboráis e educativas
e teñen máis problemas para conseguir axudas sociais.
COLLENDO IMPULSO CARA Á INCLUSION SOCIAL
As actividades que desenvolvemos en FADEMGA
para previr ou solucionar estas situacións de exclusión social
lévanse a cabo dentro do programa que se chama
Collendo impulso cara á inclusión social.
No programa Collendo impulso cara a inclusión social
apoiamos ás persoas con discapacidade intelectual
en situación ou en risco de exclusión social,
buscando recursos para cubrir as súas necesidades
ocmo por exemplo:
- Necesidades de alimentación,
- Hixiene,
- Medicación
- Vivenda,
- Saúde e benestar en xeral.
Tamén xeramos oportunidades
para que poidan participar en actividades formativas e de lecer,
a través de espazos de encontro
e promovemos a súa autonomía persoal
apoiando o desenvolvemento dos seus proxectos de vida.
As persoas profesionais que traballan nete programa
colaboran tamén con outras organizacións ou servizos da comunidade
para poder axudar ao maior número posible de persoas.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar publicacións
do noso movemento asociativo
relacionadas coa exclusión social.
FINANCIACIÓN E COLABORACIÓN
Programa financiado
pola Consellería de Política Social e Igualdade
da Xunta de Galicia.


