Educación
Aprendendo sen barreiras

En FADEMGA pensamos que todas as persoas
teñen dereito a unha educación inclusiva e de calidade.
Isto quere dicir que todas as persoas,
teñen dereito a aprender, participar
e medrar xunto ás demais compañeiras e compañeiros.
Como traballamos en educación?
Queremos que a educación especial
e a educación ordinaria
traballen xuntas.
Por iso axudamos a que os centros de educación especial
sexan tamén centros que apoien a colexios ordinarios.
Nestes centros hai profesionais con experiencia.
Estes profesionais comparten coñecementos,
ideas e materiais cos centros ordinarios.
Deste xeito, podemos eliminar barreiras
e mellorar a educación para todas as persoas.
Que facemos para conseguilo?
Acompañamos aos equipos educativos e profesionais
no seu traballo cada día.
Axudamos con:
- Formación continua.
- Intercambio de boas prácticas.
- Recursos útiles e actuais.
Tamén creamos espazos para aprender xuntas e xuntos,
onde se constrúe unha educación máis accesible,
máis flexible e centrada nas persoas.
Acompañamento e asesoramento en educación inclusiva
Ofrecemos:
- Información.
- Orientación.
- Apoio.
Isto facémolo con:
- Centros educativos.
- Profesorado.
- Familias.
- Outras entidades que traballan en educación.
Queremos que todas as persoas poidan aprender
nunha escola que respecte as súas diferenzas.
Queremos unha escola na que cada persoa conte,
aprenda e poida desenvolver todas as súas capacidades.
Traballo en rede e accións para cambiar as cousas
Formamos parte de grupos
que traballan para mellorar as leis
e as políticas públicas de educación inclusiva.
Así conseguimos que as ideas
que aparecen nos plans e documentos do goberno
sexan cambios reais nos centros educativos.
Tamén participamos en proxectos estatais,
como o proxecto Colegios por la Inclusión.
Este proxecto é unha plataforma con ferramentas
e materiais prácticos para facer unha escola máis inclusiva.
Queres máis información?
Podes contactarnos neste formulario
ou chamar ao 981 51 96 50.
Financiación e colaboración
Programa financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

