Cidadanía
Apoiando o proxecto de vida de cada persoa
As persoas con discapacidade intelectual
son cidadáns de pleno dereito,
que se relacionan coa súa familia,
e tamén con outras persoas da súa contorna.
Pero isto non sempre foi así.
No pasado, o colectivo foi discriminado por ter discapacidade.
A sociedade pensaba que as persoas con discapacidade intelectual
non podían decidir por sí mesmas
nin ter o seu propio proxecto de vida.
O PROGRAMA DE CIDADANÍA EN FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA
O programa de cidadanía activa de FADEMGA
trata de empoderar ás persoas con discapacidade intelectual,
persegue a promoción da súa participación inclusiva
na vida política e pública
e a mellora do seu benestar físico e emocional.
Para cumprir este propósito organizamos actividades
relacionadas coa defensa e protección dos dereitos
facemos xornadas e encontros para xerar coñecemento
e compartir experiencias,
poñemos en marcha iniciativas destinadas a mellorar
o benestar físico e emocional,
e promovemos espazos informativos e formativos sobre sexualidade.
Asemade, apostamos pola formación a profesionais de apoio
e a outros grupos de interese en temas como:
- autodeterminación,
- dereitos,
- participación pública,
- sexualidade,
- saúde,
- abuso.
Tamén facemos materiais accesibles
e contribuímos a crear un fondo documental
sobre temas relacionados coa cidadanía.
Dentro deste programa destacan especialmente
os gupos de persoas autoxestoras
e as sesións de pensamento libre.
Os dous grupos tratan de fomentar a libre expresión,
o pensamento creativo e crítico
e a participación social das persoas con discapacidade intelectual.