Apoios autodirixidos

Cara a un novo modelo de apoios

En FADEMGA Plena inclusión Galicia

estamos a probar en Galicia

un proxecto de apoios autodirixidos.

Este proxecto é unha proba.

É un pilotaxe que se está facendo

en varias comunidades de España.

Impúlsao Plena inclusión.

 

O obxectivo é mellorar os apoios

para que sexan máis:

- Persoalizados.

- Flexibles.

- E centrados nas persoas.

 

Que son os apoios autodirixidos?

Este modelo de apoio

pon no centro ás persoas con discapacidade intelectual.

As persoas deciden:

- Que apoio queren.

- Como queren recibir ese apoio.

- Para que se usa o diñeiro dese apoio.

 

Así tamén se constrúe a autonomía.

Porque poder elixir

é moi importante para vivir

de forma máis independente.

 

Un pilotaxe para aprender

No proxecto participa un equipo

experto en investigación.

É o SIIS, que forma parte

da Fundación Eguía Careaga.

Este equipo analiza cousas como:

- Que actividades escollen as persoas

cando poden decidir.

- Cantas horas de apoio necesitan

para facer o seu plan de vida.

- Que fan os e as profesionais

que acompañan e dan os apoios.

 

Plena inclusión quere facer este cambio

xunto coas administracións públicas

de diferentes lugares de España.