Asistencia persoal

"Co teu apoio, eu elixo"

A asistencia persoal axuda a que as persoas

con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

podan ter unha vida máis independente. 

 

A figura do asistente persoal

é pouco coñecida ata agora.

Ademáis, son poucas as persoas con discapacidade intelectual

que poden acceder a este tipo de apoios. 

 

A FIGURA DO ASISTENTE PERSOAL


O asistente persoal é unha figura profesional

que apoia, axuda e contribúe

a que a persoa poida realizar tarefas da vida cotiá

en distintos ámbitos. 

 

A persoa con discapacidade intelectual

tamén decide como e cando quere que a axuden

 

Os apoios que da a persoa que exerce como asistente persoal

deben ser flexibles, personalizados

e respectuosos coas decisións da persoa con discapacidade,

que é quen ten o control e:

  • decide como, onde e cando quere recibir os apoios,
  • elixe o seu asistente persoal,
  • decide en que actividades vai apoiar.

No caso de persoas con grandes necesidades de apoio,

son os seus familiares os que toman as decisións

en función das preferencias e necesidades da persoa con discapacidade.

 

Aínda que dependen dos apoios que necesite cada persoa,

de maneira xeral os apoios do asistente persoal son: 

  • Persoais: relacionados directamente coa persoa.
  • Do fogar: realizados dentro da vivenda.
  • De acompañamento: en calquera contexto da vida da persoa.
  • De desprazamento: relacionados co acompañamento nos traslados.
  • De comunicación: interpretación de diferentes sistemas comunicativos.
  • De coordinación: relacionados coa planificación e o apoio á toma de decisións.
  • Excepcionais: provocados por situacións concretas de saúde.
  • Especiais: vinculados con ámbitos de intimidade da persoa ou da actividade sexual.

Para saber máis sobre asistencia persoal,

podes ver este vídeo: “Que é a asistencia persoal: Cóntocho cun café”.

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes consultar

as diferentes publicacións do noso movemento asociativo,

sobre a figura do asistente persoal.