Grupos de persoas autoxestoras

A nosa voz, o noso poder

Os grupos de persoas autoxestoras

son espazos moi importantes.

Neles participan persoas con discapacidade intelectual

ou do desenvolvemento.

 

Estos grupos reúnense para:

- Falar das cousas que lles importan.

- Aprender xuntas.

- Tomar decisións.

 

Estes grupos son moi importantes

para que as persoas con discapacidade intelectual: 

- Sexan máis autónomas.

- Poidan decidir por si mesmas.

- Participen máis na sociedade.

 

QUE FAN AS PERSOAS AUTOXESTORAS?


Contan as súas experiencias

e falan de temas importantes como:

- o traballo,

- a igualdade,

- a accesibilidade

- vivir de forma independente.

 

As persoas autoxestoras,

tamén participan en: 

- campañas de comunicación

- actividades para defender os seus dereitos

- axudan a mellorar os apoios

dentro das entidades de Plena inclusión.

 

Nas reunións,

as persoas autoxestoras aprenden a:

- Dialogar.

- Falar en público.

- Planificar actividades.

- Asumir responsabilidades.

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes atopar publicacións

relacionadas coa autodeterminación.