Saúde mental
Promovemos iniciativas que posibiliten unha atención integral e de calidade para todas as persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental asociados

Temos unha boa saúde mental
cando sentimos benestar físico, mental
emocional e espiritual.
Tamén temos saúde mental
cando temos a capacidade para gozar da vida
e para afrontar desafíos cada día.
Ter unha boa saúde mental:
- afecta a como pensamos e nos sentimos
- afecta ao noso modo de interpretar as cousas que nos pasan
- afecta á nosa maneira de relacionarnos coas persoas
- afecta á nosa capacidade para afrontar os cambios
O PROGRAMA DE SAÚDE MENTAL DE FADEMGA
O noso programa de saúde mental
axuda a mellorar a atención
das persoas con discapacidade intelectual
no sistema sanitario.
Queremos que as persoas con discapacidade intelectual
reciban unha atención máis clara, máis humana
e adaptada ás súas necesidades.
Que problema existe?
Moitas veces o sistema sanitario
é difícil de entender.
Por exemplo:
- Usa palabras difíciles.
- Explica mal os pasos.
- Ten tempos que non se adaptan ás persoas.
Isto crea barreiras e xera medo,
dor ou ansiedade.
Que fai o programa?
Este programa quere cambiar iso.
Busca un sistema sanitario máis accesible.
Un sistema onde:
- As persoas entendan a información.
- As profesionais e os profesionais escoiten mellor.
- Todas as persoas se entendan entre si.
Como o facemos?
Facemos protocolos máis claros.
Os protocolos son normas e pasos para actuar.
Estes protocolos teñen en conta:
- Como entende a información cada persoa.
- Como expresa o malestar, a dor ou a ansiedade.
- Como vive as visitas médicas e os tratamentos.
Cal é o obxectivo?
O obxectivo é claro.
Queremos lograr:
- Unha atención respectuosa.
- Unha atención segura.
- Unha atención centrada na persoa.
Traballo en equipo
O programa tamén une servizos.
Une:
- Servizos sanitarios.
- Servizos sociais.
Isto axudan a dar unha atención
máis continua e coherente.
Apoio en situacións complexas
Ás veces hai:
- Problemas de conduta.
- Necesidades de apoio complexas.
- Isto preocupa ás familias
e ás profesionais e aos profesionais.
O programa ofrece:
- Asesoramento especializado.
- Acompañamento continuo.
- Apoio adaptado a cada caso.
- Apoio ás profesionais e aos profesionais
Tamén coidamos dos equipos de traballo.
Creamos espazos para:
- Traballar en rede.
- Compartir dúbidas.
- Buscar solucións xuntas.
Pequenos cambios poden axudar moito.
Por exemplo:
- Mellorar a comunicación entre servizos.
- Revisar casos de forma conxunta.
Isto mellora a calidade de vida das persoas con máis necesidades de apoio.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
diferentes publicacións do noso movemento asociativo
relacionadas co eido da saúde mental.

