Grupo de discapacidade intelectual e saúde mental
Achegándonos a cada realidade

O grupo de discapacidade intelectual e saúde mental de FADEMGA
está formado por profesionais especialistas
que se reúnen para falar sobre casos dificiles.
Son casos de persoas con discapacidade intelectual
que tamén teñen algún problema de saúde mental.
Na sanidade hai poucos recursos especializados
que traten as necesidades das persoas con discapacidade mental
e trastornos mentais.
O grupo de profesionais de FADEMGA trata de cambiar esta situación,
ofrecendo orientación e respostas prácticas
para mellorar as condicións de saúde e o benestar destas persoas.
O grupo tamén grupo traballa para que os profesionais da saúde
teñan máis e mellor formación
e para que as administracións fagan novas políticas e estratexias
que axuden a estas persoas e ás súas familias.
Unha vez ao ano o grupo organiza
o Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental.
Este seminario reúne a técnicos e profesionais da administración
que pertencen ao ámbito social, sanitario e educativo,
a profesionais do sector da discapacidade intelectual
e a estudantes de traballo social, da psicoloxía,
da terapia ocupacional e da enfermería.
Se che interesa formar parte do grupo
escríbenos a través deste formulario.
Nesta ligazón podes atopar
máis información do grupo.

