Rede de asesoramento en conduta

Colaboramos, asesoramos, fortalecemos

                                                                  

 

A Rede de Asesoramento en Conduta

asesora, fortalece e colabora con organizacións,

institucións e familias de persoas con discapacidade intelectual

ante conductas que son dificiles de manexar. 

 

Todo elo o facemos centrándonos na persoa,

para mellorar a súa calidade de vida

e para fortalecer as competencias das persoas cercanas a ela. 

 

COMO TRABALLA A REDE?


O traballo do grupo de profesionais que forma a Rede

comeza coa recollida de información.

Para recoller esta información realízanse reunións en liña

coas persoas que prestan apoios á persoa con discapacidade intelectual.

 

Despois, realizamos cuestionarios

co fin de coñecer con maior profundidade á persoa e a súa conduta.

 

A partir desta información, acórdanse estratexias e actuacións.

Isto é o que chamamos plan de apoio.

O plan de apoio axúdanos a promover cambios que melloren a situación. 

 

Nas reunións facemos un seguimento das estratexias,

para saber se están funcionando e valorar se é necesario axustalas ou cambialas. 

 

COMO PODES SOLICITAR O APOIO DA REDE?


Se detectas un problema de conduta grave,

podes solicitar a axuda da Rede escribindo a:

asesora.conduta@fademga.org

ou chamando ao 698 182 179.

 

Se xa tes claro que queres solicitar o apoio da Rede,

podes cumprimentar a Ficha de solicitude e a Ficha de autorización 

e adxuntala por correo a asesora.conduta@fademga.org.

 

Se en calquera momento queres darte de baixa na Rede,

podes facelo solicitando a ficha de baixa

e achegándoa a asesora.conduta@fademga.org. 

 

MÁIS INFORMACIÓN


Nesta ligazón podes descargar o documento

con toda a información da Rede

e coñecer ás profesionais que a compoñen.