Proxecto "Aténdeme-Enténdeme"
Mellorando a comunicación no centro de saúde
QUE É O PROXECTO ATÉNDEME-ENTÉNDEME?
Aténdeme-Enténdeme é un proxecto
que mellora a atención que reciben as persoas con discapacidade intelectual
na consulta médica.
Este proxecto realízase coa axuda da Consellería de Sanidade.
OBXECTIVOS DO PROXECTO
Aténdeme-enténdeme ten como obxectivo
que os profesionais dos centros sanitarios:
- Entendan as características das persoas con discapacidade intelectual.
- Melloren a súa forma de comunicarse coas persoas con discapacidade intelectual.
- Axuden ás persoas con discapacidade intelectual a estar tranquilas e cómodas na consulta.
- Comprendan a importancia da información que coñecen as persoas acompañantes.
COMO SE DESENVOLVE O PROXECTO?
Varios grupos formados por unha persoa con discapacidade intelectual
un familiar e un profesional de apoio,
achéganse aos diferentes centros de saúde de Galicia
para informar, formar e sensibilizar aos profesionais sanitarios.
MÁIS INFORMACIÓN