Accesibilidade cognitiva

Queremos comprender o mundo

As persoas con discapacidade intelectual

piden dende hai moitos anos

que a súa contorna esté adaptada. 

Non falan só de quitar barreiras físicas. 

Falan de que haxa máis accesibilidade cognitiva

para poder ter máis autonomía e lograr a plena inclusión

na sociedade. 

 

QUE É A ACCESIBILIDADE COGNITIVA?


Podemos definir a accesibilidade cognitiva

como a característica que teñen as cousas,

os espazos ou os textos  

que fai que os entendan todas as persoas.

 

Este tipo de accesibilidade beneficia a todo o mundo,

pero hai algunhas persoas que se benefician máis,

como por exemplo as persoas:

  • con discapacidade intelectual.
  • con parálise cerebral.
  • con trastorno do espectro do autismo.
  • con problemas de saúde mental.
  • con dificultades para ler.
  • persoas maiores con deterioro cognitivo.
  • e persoas que non coñecen o idioma.

 

Ademáis, no noso movemento asociativo

entendemos a accesibilidade cognitiva

como un dereito chave,

porque abre a porta a outros moitos dereitos

como o dereito á saúde, á educación,

á cultura ou o emprego. 

 

O PROGRAMA DE ACCESIBILIDADE DE FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA


Dende a Federación levamos a cabo moitas iniciativas

para que haxa unha maior accesibilidade cognitiva

en todos os ámbitos da sociedade,

por exemplo:

  • Adaptamos a lectura fácil documentos da administración, sentenzas,

temarios de estudo, libros de narrativa, contos…

 

  • Analizamos a accesibilidade de edificios públicos,

transporte, centros sanitarios…

para mellorar a orientación das persoas que acceden a eles.  

 

  • Formamos ás persoas con discapacidade e profesionais

no ámbito da accesibilidade.

 

  • Promovemos a accesibilidade nos procesos electorais,

adaptando os colexios e organizando obradoiros de formación

nas nosas entidades.

Tamén explicamos o funcionamiento

das diferentes convocatorias de eleccións,

como por exemplo,

as eleccións autonómicas, as eleccións xenerais

ou as eleccións europeas. 

 

  • Promovemos campañas de sensibilización

para que a sociedade coñeza os beneficios

da accesibilidade cognitiva…

 

Se tes interese en contactarnos

para calquera cuestión relacionada con ámbito da accesibilidade cognitiva,

como por exemplo,

adaptacións, formación ou asesoramento

envíanos un email a accesibilidade@fademga.org

ou ben chámanos ao 981 51 96 50. 

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes consultar 

diferentes publicacións do noso movemento asociativo

relacionadas co ámbito da accesibilidade cognitiva. 

 

FINANCIACIÓN E COLABORACIÓN


O programa de accesibilidade cognitiva

é posible grazas á financiación e colaboración

da Fundación ONCE,

e das persoas que marcan o 0`7%

na súa declaración da renda.