A lectura fácil
Unha ferramenta para a inclusión
QUÉ É A LECTURA FÁCIL?
A lectura fácil é unha forma de crear documentos
fáciles de entender.
A lectura fácil ten en conta o texto
pero tamén ten en conta o deseño
e as ilustracións.
A lectura fácil é útil para todas as persoas.
pero sobre todo é útil
para as persoas que teñen máis problemas
para comprender a información,
como por exemplo:
- Persoas con discapacidade intelectual.
- Persoas migrantes.
- Persoas maiores.
Todas as persoas temos o dereito
a comprender a información. que nos rodea.
Todas as institucións teñen o deber
de facer a información comprensible.
UN DEREITO CHAVE
En FADEMGA Plena inclusión Galicia
decimos que o dereito a entender a información
é un dereito chave
porque entender a información
axúdanos a exercer outros dereitos.
Defender a lectura fácil
é defender a igualdade de oportunidades
para todas e todos.
A VALIDACIÓN
A validación é unha condición
para poder dicir que un documento
está en lectura fácil.
Na lectura fácil,
validar é comprobar que un documento
é fácil de entender.
A validación realízana
persoas con dificultades de comprensión.
A validación faise tras adaptar
o documento a lectura fácil.
A validación adóitase facer en equipos
de 5 a 8 persoas.
Adoita haber unha persoa
que dinamiza os equipos.
NORMAS
Son as normas europeas de lectura fácil.
Se estás comezando a coñecer este mundo,
é o primeiro manual que che recomendamos.
É unha norma española que explica
como adaptar textos a lectura fácil.
A Norma UNE é de pago, pero podes consultala gratis
na páxina web de Accesibilitas.
Se es profesional, recomendámosche seguir esta norma,
que ten a súa propia versión en lectura fácil
para os profesionais da validación.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes descargar o manual
"Lectura fácil: métodos de redacción e avaliación".

