Maiores

Na actualidade hai máis persoas maiores

con discapacidade intelectual. 

Isto é porque a esperanza de vida aumentou. 

 

Para poder atender ben ás persoas maiores

con discapacidade intelectual

temos que saber como dar resposta

ás novas necesidades que teñen estas persoas. 

 

O ENVELLECEMENTO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL


O proceso de envellecemento das persoas con discapacidade intelectual

empeza moito antes que nas persoas sen discapacidade intelectual.

 

A partir dos 45 anos

as persoas con discapacidade intelectual

poden presentar síntomas de envellecemento. 

 

O PROGRAMA DE PERSOAS MAIORES EN FADEMGA


Co fin de atender esta realidade,

dende FADEMGA Plena inclusión Galicia

desenvolvemos o programa "Maiores en acción". 

 

Este programa conta con 2 obxectivos principais: 

  • Apoios auto-dirixidos para persoas maiores: 

destinado a cambiar o modelo de coidados

para as persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos.

 

  • "Maneiras de vivir", un espazo de reflexión

onde traballamos coas entidades federadas,

co fin de promover a transformación das residencias

e evolucionar cara novas prácticas profesionais

e novos apoios centrados na persoa e na comunidade.

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións

do noso movemento asociativo

relacionadas con ámbito das persoas maiores.