Voluntariado
Forma parte do cambio!

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia
e dende as nosas entidades federadas
ofrecemos espazos para todas as persoas
que queren participar facendo voluntariado
Escoitamos as túas motivacións, ofrecemosche formación
e orientámoste a organizacións que poidan darche
a experiencia de voluntariado que buscas.
O VOLUNTARIADO NO NOSO MOVEMENTO ASOCIATIVO
En Plena inclusión
hai máis de 8 mil persoas voluntarias
que apoian a persoas con discapacidade intelectual.
As persoas voluntarias son moi importantes
porque axudan a unir ás persoas con discapacidade intelectual
co resto da sociedade
a través de relacións únicas e diferentes
ás que a persoa con discapacidade intelectual pode ter coa súa familia
ou cos seus profesionais de apoio.
Se che interesa colaborar mediante algunha actividade de voluntariado,
podes buscar cal é a túa asociación máis próxima
ou contactarnos neste formulario escribindo na mensaxe
“Solicitude de voluntariado”.
COLABORA COMO EMPRESA OU INSTITUCIÓN
As empresas e institucións tamén poden axudar
a conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual
e as súas familias.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia podemos orientarche
sobre as diferentes posibilidades de colaboración connosco:
voluntariado corporativo, prestación de servizos,
inclusión no emprego, difusión de actividades e un longo etcétera.
Contacta connosco e actúa pola plena inclusión!
FINANCIACIÓN E COLABORACIÓN
Programa financiado
pola Consellería de Política Social e Igualdade
da Xunta de Galicia.

