Lecer

Apoiamos e impulsamos o lecer inclusivo e accesible

A nosa sociedade cambiou moito nos últimos anos

e por elo, tamén cambiou o significado do lecer.

Agora o lecer é moito máis importante.

 

Temos máis tempo libre, vivímolo, gozámolo de forma distinta,

temos máis variedade e máis posibilidades de realizar actividades...


A día de hoxe, non podemos entender a vida sen o lecer, porque: 

  • É unha experiencia humana integral; o que se vive a través do lecer inflúe en todas as facetas da vida da persoa.
  • Contribúe á calidade de vida de todas as persoas.
  • É un dereito, como a educación, o traballo ou a saúde. 


A IMPORTANCIA DO LECER PARA AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL


As persoas con discapacidade intelectual

sofren unha importante discriminación no seu tempo de lecer, 

porque: 

  • Non se lles ve como clientes con dereito e capacidade para opinar e reclamar.
  • Ofréceselles un “lecer colectivo” con moi poucas opcións reais de elección ou decisión.
  • As actividades que se lles ofrecen non cumpren cos requisitos básicos do lecer.
  • En moitas ocasións, desenvólvese en contornas específicas aos que unicamente acceden as persoas con discapacidade intelectual (centros ocupacionais, centros de día, entidades…)
  • Existen moitas barreiras na propia contorna.
  • É habitual que haxa sobreprotección da familia. 


Para garantir o acceso de todas as persoas

a oportunidades de lecer en comunidade,

é necesario identificar as principais barreiras que existen. 


O PROGRAMA DE LECER DE FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA


Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia promovemos un lecer inclusivo

e fomentamos servizos e apoios para o lecer en comunidade.

Ademais, apostamos por actividades de lecer saudable,

promovendo a actividade física a través de entidades

como Special Olympics Galicia

e a incorporación das persoas con discapacidade intelectual

ao mundo da cultura como espectadores e creadores. 


Outra opción importante do ámbito do lecer que ofrecemos na federación

son as quendas de vacacións que organizamos

co financiamento do IMSERSO e da Fundación ONCE.

Tanto os destinos como as actividades que se realizan nestas escapadas vacacionais

son elixidas polas propias persoas con discapacidade intelectual,

respectando a súa vontade e preferencias. 


Nesta ligazón podes consultar

a convocatoria de vacacións IMSERSO

deste ano.  

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes consultar

todas as publicacións do movemento asociativo

relacionadas co ámbito do lecer.