Acceso á xustiza

Comprender os procesos xudiciais que nos incumben é un dereito básico e fundamental para combater a marxinación social e económica.

É moi importante

que as persoas con discapacidade intelectual

podan acceder á xustiza en iguais condicións

ao resto da cidadanía. 

 

No ano 2013, Plena inclusión España publicou o informe

“As persoas con discapacidade intelectual ante os procesos penais". 

Este informe falaba de varios problemas

aos que se enfrentaban as persoas con discapacidade intelectual

nos procesos xudiciais.

 

En 2016 a Asociación Española de Fundacións Tutelares,

publicou un informe sobre a falta de accesibilidade

nos procesos xudiciais.

Neste informe, as persoas con discapacidade intelectual

que viviron procesos de modificación da capacidade

puxeron de relevo que: 

 

  • De forma previa ao proceso

algunhas persoas non recibiron información

sobre o que ía ocorrer

e outras persoas que recibiron a información

non a comprenderon. 

 

  • Moitas persoas con discapacidade intelectual

non entenderon as palabras que se utilizaron

no proceso xudicial. 

 

  • Algunhas persoas dixeron

que estaban de acordo con cousas, 

coas que en realidade non estaban de acordo. 

Esto o dixeron

porque non entendían as preguntas. 

O PROGRAMA DE ACCESO Á XUSTIZA DE FADEMGA


O noso programa de Acceso á xustiza

quere solucionar estos problemas

con estas actividades: 

 

  • Formación a familias e persoas con discapacidade intelectual: 

para que coñezan os seus dereitos

e sepan como teñen que actuar cando non se cumpren. 

As persoas e entidades interesadas nesta formación

poden contactarnos escribindo un email a 

areasocial@fademga.org

 

  • Formación a profesionais da xustiza:

para que coñezan as novas leis

e sepan como axudar ao colectivo. 

  • Servizo xurídico de FADEMGA: 

Contamos cun servizo xurídico

co que damos charlas e repondemos preguntas 

das familias e das persoas con discapacidade. 

Preme nesta ligazón 

para coñecer máis sobre este Servizo. 

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS


Nesta ligazón podes consultar

diferentes publicacións do noso movemento asociativo

relacionadas co eido xurídico.