Servizo xurídico

O noso Servizo Xurídico está orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas que podan ter en temas como patrimonio protexido, as herdanzas ou mesmo sobre a Lei pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica. 

 

TIPOS DE CHARLAS


Dentro deste servizo, a Federación ofrece varias modalidades:

  • As charlas xurídicas: con estas charlas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento e ás súas familias. Aquí podes descargar a ficha para solicitar a charla xurídica
  • As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias. Aquí podes descargar a ficha para solicitar a consulta individual. 
  • Charlas formativas: trátase de charlas para sensibilizar e empoderar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias de cara a previr situacións de abuso e discriminación. Asemade, informamos ás persoas con discapacidade, ás súas familias e aos profesionais de entidades sobre o novo modelo de apoio á toma de decisións e sobre a figura do facilitador procesal.
    Nestas sesións as persoas formadoras son tanto profesionais da Federación como persoas con discapacidade intelectual expertas pola experiencia.

 

CONVOCATORIA DO SERVIZO XURÍDICO 2024


Nesta ligazón podes descargar toda a información sobre o Servizo xurídico

Aquí podes descargar a ficha para solicitar a charla xurídica. 

Aquí podes decargar a ficha para solicitar a túa consulta individual.