Apoio a Entidades
Na actualidade, FADEMGA Plena inclusión Galicia conta con 41 entidades federadas. Para todas elas traballamos a diario, representando os seus intereses ante as administracións e velando polo ben común.
Asemade, tratamos de coordinar os obxectivos, actividades, recursos e as posibilidades das mesmas para continuar mellorando día a día na prestación de apoios ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias ao tempo que fomentamos a constitución de novas asociacións.
Entre os principais apoios que ofertamos cabe destacar:
- A REPRESENTACIÓN ante Administracións públicas e privadas.
- A INFORMACIÓN E O ASESORAMENTO en todas aquelas cuestións a nivel lexislativo e administrativo que precisen, sexan cuestións internas das propias entidades, ou externas, en relación á administración ou outro tipo de posibles financiadores e/ou colaboradores.
Algúns exemplos sobre esta información e asesoramento son:
- Información sobre trámites a seguir para formar parte da federación,
- Obtención da tarxeta de transporte,
- Exención do IVA,
- Información sobre creación de centros e servizos,
- Adquisición de vehículos,
- Cuestións laborais,
- Aspectos legais referidos á accesibilidade,
- Adaptación de estatutos,
- Convenios e contratos...
- Solicitudes de subvencións autonómicas e estatais...
- A FORMACIÓN, dando resposta ás necesidades dos diferentes colectivos que integran ás entidades, co fin de facilitar e potenciar así como manter e desenvolver a cualificación de directivos, profesionais e persoas voluntarias...
A formación contínua e ésencial para a mellora da xestión, e polo tanto, para promover a excelencia na prestación dos apoios ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.
Igualmente promovemos e xestionamos accións de formación para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e familias en coordinación coas área correspondentes.
- A COORDINACIÓN con e entre as entidades federadas, co fin de establecer as demandas a presentar ante a administración e o establecemento dos dereitos e deberes que a todos nos atinxen.
- A XESTIÓN DE INFRAESTRUTURAS, EQUIPAMENTOS E SERVIZOS, detectamos as necesidades que as entidades poidan ter en relación a consecución ou mellora de infraestruturas, equipamentos ou servizos, así como a posterior tramitación das mesmas ou a negociación conxunta ante os organismos públicos pertinentes.
O obxectivo é dotalas de medios estruturais, materiais e persoais suficientes que faciliten o desenvolvemento e consecuentemente revirtan nunha mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ás que prestan apoios e/ou servizos.