Apoio a persoas con discapacidade intelectual
A nosa organización traballa por e para as persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento e as súas familias en todos os ámbitos e a través das diferentes etapas da súa vida. Isto radica na prestación de apoios para a plena inclusión en sectores como o emprego, a educación, a participación cidadá, o acceso ao lecer e o deporte, a accesibilidade...
Tamén traballamos na defensa dos seus dereitos, para que todo o colectivo poida formar parte da sociedade en igualdade de condicións ao resto da cidadanía.
Aquí podes coñecer os diferentes programas que desenvolvemos para a consecución dos nosos obxectivos.