Atención a persoas reclusas e ex reclusas
O programa de persoas reclusas atende a catro perfís moi concretos de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento:
- as que se atopan en risco de cometer algún delito,
- as presuntas autoras de feitos delituosos que se atopan no proceso penal,
- persoas que cumpren unha pena ou unha medida de seguridade
- persoas que xa cumpriron unha pena ou medida de seguridade e están en proceso de reinserción social.
Para cada perfil, desenvolvemos apoios personalizados e traballo coa contorna, como poden ser a orientación, o asesoramento e a sensibilización. Por exemplo, no caso de persoas presuntas autoras de feitos delituosos que se atopan no proceso penal, elaboramos informes que describen a discapacidade, as súas necesidades de apoio e a contorna da persoa para que a súa avogada ou avogado coñeza a situación e poida defender á persoa de forma adecuada.
Tamén apoiamos á persoa e aos seus familiares para que comprendan cada paso do procedemento penal e as consecuencias das súas decisións.
Coa contorna, colaboramos con servizos sociais e sanitarios para a disposición de recursos onde se poidan cumprir medidas de seguridade e formamos e sensibilizamos a profesionais do eido das forzas de seguridade, da xustiza, da medicina... para que coñezan que é a discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e os apoios que poden prestar.
Neste documental de Plena inclusión Madrid, podes coñecer mellor o traballo do noso movemento asociativo no ámbito penitenciario.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións do noso movemento asociativo relacionadas con ámbito penitenciario.