Que é a lectura fácil?
A lectura fácil é unha forma de crear documentos
que son máis fáciles de entender.
Tamén se pode usar en páxinas web
ou guions de vídeos.
A lectura fácil ten en conta todo.
Por exemplo:
- O texto.
- O deseño.
- As ilustracións.
A lectura fácil é útil para todas as persoas.
Pero sobre todo, é útil para as persoas
con dificultades de comprensión.
Para facer a lectura fácil,
é importante seguir unhas normas
e validar os documentos.
Definición oficial
Esta é a definición oficial
de lectura fácil:
Método que recolle un conxunto de pautas
e recomendacións relativas á redacción de textos
ao deseño e maquetación de documentos
e á validación da comprensibilidade dos mesmos,
destinado a facer accesible a información
ás persoas con dificultades de comprensión lectora.
Esta definición aparece na norma UNE
que agora explicamos.
Normas
Son as normas europeas de lectura fácil.
Se estás comezando,
recomendámosche ler esta norma.
É unha norma española
que explica como facer a lectura fácil.
Se es profesional,
recomendámosche seguir esta norma.
Esta norma ten unha versión en lectura fácil
para profesionais da validación.
A norma UNE é de pago.
Pero podes consultala gratis
na páxina web Accessibilitas.
e como funciona a páxina Accessibilitas.
Validación
Validar é comprobar se un documento
é fácil de comprender.
A validación sempre a fan persoas
con dificultades de comprensión.
A validación é importante na lectura fácil.
O logo da lectura fácil
Este logo azul é o logo europeo da lectura fácil.
Se ves este logo nunha web,
un documento ou un libro
quere decir que está en lectura fácil.
Publicacións en lectura fácil
Necesitas documentos en lectura fácil?
Queres ver exemplos?