Causas

Hay catro factores que poden darse antes, durante ou despois do nacemento.

Trátase de:

1) Algún trastorno xenético (como a síndrome de X Fráxil, a fenilcetonuria, a síndrome de Lesch-Nyhan). Son transmitidos ao neno ou nena a través dos xenes no momento da concepción.

2) Trastornos cromosómicos: suceden durante o proceso de disposición dos cromosomas. Os máis frecuentes son a síndrome de Down, a síndrome de Prader-Willi e a síndrome de Angelman.

3) Causas biolóxicas e orgánicas: aparecen antes, durante ou despois do nacemento. As principais causas prenatais son o sarampelo e a rubeola durante o embarazo, o consumo de toxinas ou de certos medicamentos. En canto aos factores perinatais (durante o alumeamento), cabe destacar a exposición a toxinas ou infeccións (por exemplo o herpes xenital), a presión excesiva na cabeza ou a asfixia. Por último, poden darse algunhas causas postnatais como un traumatismo no cráneo ou unha meninxite.

4) Causas ambientais: por exemplo, carencias alimenticias da nai durante o embarazo, o consumo de drogas ou alcol, a falta de estimulación física e sensorial e a carencia de atención sanitaria.