Apoio a familias

Federación galega de asociacións de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento

Como saberás, a familia cumpre diversas funcións e desempeña un rol moi importante no coidado do benestar físico e emocional de cada un dos seus membros. 

Como familia cun membro con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, podes chegar a pasar por "situacións especiais", posto que a aparición da discapacidade nun membro do núcleo familiar implica unha serie de cambios e estos, á súa vez, supoñen novas necesidades. 

Falamos de necesidades emocionais, de información e formación, económicas, educativas... Necesidades ao fin, que cambian dependendo do momento vital de cada persoa. 

A través do noso Programa de Apoio a Familias levamos a cabo unha serie de proxectos orientados a informar, orientar, formar, asesorar e apoiar a todas as familias, atendendo a cada unha das súas realidades. 

Nesta sección podes coñecer cada un destes proxectos.