Respiro familiar

Atender a un familiar con discapacidade intelectual supón invertir unha gran cantidade de tempo e contar con moita dispoñibilidade.
En FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrecémosche un servizo a través do cal atendemos ao teu familiar con discapacidade intelectual durante un tempo determinado, para que o resto da túa familia e tí podades dedicalo a diferentes necesidades como obrigas laborais, visitas ao médico ou mesmo para gozar duns días de descanso lecer.
EXISTEN DIFERENTES FORMAS DE RESPIRO
- Estancias longas, medias ou de fin de semana. Trátase de estancias de respiro familiar programadas. Durante o ano organizamos diferentes quendas en varias localidades galegas.
- Estancias sen aloxamento.Trátase dunha modalidade que ofrecemos cando hai algunha actividade concreta ou encontro organizado pola Federación e destinado a familiares (como o Foro de irmáns ou as Xornadas de familias).
OS BENEFICIOS DO RESPIRO FAMILIAR
- Apoio especializado: O noso equipo de profesionais está listo para prestar o apoio necesario aos membros da familia con discapacidade, garantindo o seu benestar e seguridade durante todo o tempo de respiro.
- Descanso para as persoas coidadoras: Recoñecemos o esforzo e dedicación doe todas as persoas que prestan coidados. Co noso servizo de respiro ofrecémoslles a oportunidade de tomarse un merecido descanso para recargar enerxías, reducir o estrés e atender outras necesidades persoais.
- Actividades enriquecedoras: Durante o tempo de respiro, as persoas con discapacidade intelectual poderán participar en actividades enriquecedoras e divertidas deseñadas para estimular o seu desenvolvemento e fomentar a súa inclusión social.
- Confianza e tranquilidade: En FADEMGA, a seguridade e o benestar das persoas usuarias é a nosa máxima prioridade. Os familiares poden confiar plenamente no noso equipo profesional e sentirse tranquilos sabendo que os seus seres queridos están en boas mans.
CONVOCATORIA DE 2026
Nesta ligazón podes descargar o PROGRAMA do Servizo de Respiro Familiar 2026,
así como a documentación necesaria para realizar a inscrición:
- Formulario de solicitude de estancias grupais.
- Ficha de coñecemento persoal.
- Autorización para estancias grupais.

