Apoio familiar

Un dos nosos cometidos máis importantes como Federación, é o apoio ás familias das persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento. 

Para elo, organizamos actividades e servizos que respondan ás súas necesidades, entre as que destacan:

 

INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO


Todas as familias precisan de apoios nalgún momento ou etapa da súa vida. 

En FADEMGA ofrecémosche información e asesoramento sobre discapacidade, apoios, axudas, centros e servizos, prestacións, recursos sociais, educativos, formativos...

 

APOIO EMOCIONAL E ESPAZOS DE PARTICIPACIÓN


Impulsamos a creación de grupos de apoio nas entidades federadas.

Trátase de grupos formados por nais, pais, avós e avoas... que e reúnen periodicamente para compartir experiencias e inquietudes e que puntualmente poden recibir charlas de persoas expertas en determinadas materias.

Actualmente, en FADEMGA contamos co noso propio grupo de irmás e irmáns, que participa activamente na organización de diferentes actividades.

 

CONCILIACIÓN


A conciliación permítenos compatibilizar o espazo persoal, familiar e laboral ao tempo que equilibramos os tempos da vida de cada persoa segundo as súas obrigas, necesidades e prioridades.

En FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos á túa disposición un Servizo de Respiro Familiar, que ofrece ás persoas coidadoras uns días para descanso, facéndonos cargo do coidado da persoa con discapacidade intelectual. Podes atopar máis información aquí.  

 

FORMACIÓN


Acompañar ao teu familiar con discapacidade ao longo do seu ciclo vital pode requerir formación continua e adquisición de novas habilidades. 

Na Federación ofrecémosche todo tipo de formacións, charlas e obradoiros a cargo de persoas expertas en diferentes temáticas de interese, como pode ser o autocoidado, as dúbidas legáis, a autodeterminación, á ética e as emocións...

 

FONDO DOCUMENTAL


Promovemos a publicación de documentos de interese para as familias (como a Guía de benvida a familias) e tamén temos unha biblioteca con materiais e libros aos que poden acceder os familiares interesados.

Asemade, contamos cunha biblioteca en lectura fácil para que as familias, persoas con discapacidade intelectual e entidades podan solicitar exemplares de préstamo. 

 

LEMBRA!

Podes solicitar máis información sobre cada un destes servizos chamándonos ao 981 51 96 50 ou ben escribindo un e-mail a familias@fademga.org