Guía de benvida ás familias

Datos Xerais:

Categoría: Familias

Publicado: Marzo 2024

Autoría: UDS de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia

Coordinan: Moisés Lamigueiro

Publicación para: familias , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Apoios , Familias , Asociacións

Descrición:

A participación das familias é a base fundamental que sostén ao movemento asociativo do que formamos parte. Sen a implicación das familias, non sería posibles todos os servizos e apoios cos que contan as 41 asociacións da Federación Galega; e, por extensión, de todas as entidades de Plena inclusión.

Somos conscientes das dificultades coas que nos atopamos á hora de renovar os equipos directivos nas nosas organizacións. Por iso, é primordial que coidemos dende un principio a chegada das familias ás nosas asociacións. Cunha benvida adecuada, será máis fácil que nun futuro, algunhas familias se impiquen máis activamente e se animen a asumir máis responsabilidades.

Esta Guía, na que estivo traballando a UDS de Familias, ofrécenos algunhas pistas e orientacións sobre como podemos levala a cabo nas nosas asociacións.