Exclusión social

Garantindo a igualdade de oportunidades para todas as persoas.

 

Segundo o Informe ‘As Dianas da Pobreza’, publicado por EAPN España, as persoas con discapacidade seguen á cola en todos os indicadores de pobreza e exclusión social.

Unha de cada tres está en risco de sufrir esta situación unha porcentaxe que aumenta cando falamos de mulleres con discapacidade intelectual.

A esta realidade debemos engadir a falta de oportunidades que segue tendo o colectivo para acceder ao sistema educativo e a diferentes prestacións sociais como adaptacións, pensións, axudas…  Por exemplo, segundo o mesmo informe de EAPN, só o 23,3% das persoas con discapacidade reciben algún tipo de pensión, e as mulleres recíbenas en menor proporción que os homes.

 

COLLENDO IMPULSO CARA Á INCLUSION SOCIAL


Cada persoa debe contar cun sistema de apoios integral e flexible en base as súas necesidades, posibilidades, características e metas. Un sistema de apoios personalizado axuda á persoa a controlar o que pasa na súa vida.

No programa “Collendo impulso” apoiamos ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en situación ou en risco de exclusión social, buscando recursos para cubrir as súas necesidades de alimentación, hixiene, medicación e vivenda, saúde e benestar en xeral.

Son numerosas as dificultades ás que teñen que facer fronte, por iso traballamos para darlles soporte e orientación, a fin de que poidan gozar dunha vida plena e defender os seus dereitos.

Por outra banda, xeramos oportunidades para que poidan participar en actividades formativas e de lecer, a través de espazos de encontro, saídas á comunidade.. e promovemos a súa autonomía persoal apoiando o desenvolvemento dos seus proxectos de vida a través de itinerarios individualizados e traballamos de maneira conxunta con outras organizacións ou servizos da comunidade, coordinándonos e participando en espazos de intercambio a fin de enriquecer a intervención.