Acceso á xustiza
Comprender os procesos xudiciais que nos incumben é un dereito básico e fundamental para combater a marxinación social e económica.
No ano 2013, Plena inclusión España publicaba o informe “As persoas con discapacidade intelectual ante os procesos penais", onde se poñia de relevo un problema invisible: a situación de indefensión, as barreiras no acceso á xustiza e a vulneración sistemática de dereitos ás que se enfrontan as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento nos procesos xudiciais.
Posteriormente, en 2016 a Asociación Española de Fundacións Tutelares, publicou un informe sobre a falta de accesibilidade á xustiza no ámbito civil. En dito informe, as propias persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que viviron procesos de modificación da capacidade destacaron que:
- De forma previa ao proceso apenas recibiron información sobre o que ía ocorrer e, se a tiveron, non a comprenderon.
- Sentíronse alleos ao proceso no acto da vista e non comprenderon os tecnicismos utilizados.
- Algunhas delas expresaron que, ao non entender o que estaba a suceder, mostráronse alleos ás preguntas que lles realizaron, limitándose a dicir que estaban "de acordo con todo", a pesar de non estalo.
O PROGRAMA DE ACCESO Á XUSTIZA DE FADEMGA
O noso programa de "Acceso á xustiza" pretende paliar esta realidade, a través dunha atención integral aos eixos máis débiles desta cadea:
- Formación a persoas con discapacidade intelectual e familiares. Realizamos accións formativas para familiares e persoas con discapacidade intelectual, orientadas a que coñezan os seus dereitos e sepan como actuar no caso de que estes se vulneren. O obxectivo é previr que se continúen a dar situacións de abuso, discriminación e revictimización. Aquelas persoas e/ou entidades interesadas en solicitar esta formación, podedes escribirnos a areasocial@fademga.org.
- Formación a axentes xurídicos. Con estas sesións dirixidas a procuradores/as, avogados/as, fiscais e demáis persoal xudicial, pretendemos difundir o novo modelo de apoio á toma de decisións, recollido na Lei 8/2021, para que o coñezan e apoien a súa implementación, especialmente no que se refiere aos axustes de procedemento e á figura do facilitar xudicial.
- Servizo xurídico da Federación. En FADEMGA contamos cun servizo xurídico orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal que podan ter. Podedes coñecermáis sobre as diferentes modalidades deste servizo e como solicitalas seguindo esta ligazón.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións do noso movemento asociativo relacionadas co eido xurídico.