Maiores
O proceso de envellecemento nas persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento constitúe unha realidade social emerxente. Con todo, ata o de agora moi poucas veces se ten relacionado a discapacidade intelectual coa vellez.
O aumento da esperanza de vida que se produciu nas últimas décadas logrou que cada vez máis persoas con discapacidade intelectual cheguen a esta etapa vital. Isto expón novos desafíos e novas necesidades para as que, en moitas ocasións, os recursos non están adaptados.
De non prestar atención a esta realidade, podemos estar ante o desenvolvemento dunha dobre vulnerabilidade, (persoa con discapacidade intelectual + proceso de envellecemento), que de non ser atendida pode repercutir sobre as propias persoas con discapacidade intelectual, as súas familias, o persoal coidador, as entidades e as institucións responsables do benestar das persoas.
DE QUE FALAMOS CANDO FALAMOS DE ENVELLECER
Cando falamos do proceso de envellecemento das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento debemos ter en contar que falamos dun proceso que se inicia a unhas idades máis temperás e cun grao de deterioro máis rápido e repentino que no caso das persoas sen discapacidade intelectual.
As idades comprendidas entre os 45 e 64 anos son aquelas nas que as persoas con discapacidade intelectual comezan a presentar estos síntomas de envellecemento.
O PROGRAMA DE PERSOAS MAIORES EN FADEMGA
Co fin de poñer o foco nesta realidade, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia desenvolvemos o programa "Maiores en acción".
Esta iniciativa conta con 2 liñas de acción principais:
- Apoios auto-dirixidos para persoas maiores, destinado a cambiar o modelo de coidados de larga duración para as persoas con discapacidade intelectual maiores de 45 anos.
- "Maneiras de vivir", un espazo de reflexión onde traballamos man a man coas entidades federadas, co fin de promover a transformación das contornas residenciais e evolucionar cara novas prácticas profesionais e novos apoios centrados na persoa e na comunidade.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións do noso movemento asociativo relacionadas co ámbito das persoas maiores.