Cidadanía

Apoiando o proxecto de vida de cada persoa

As persoas con discapacidade intelectual son cidadáns de pleno dereito, que se relacionan e interactúan no só coa súa familia, senón tambén con outras persoas da súa contorna. 

Nembargantes, históricamente o colectivo sufriu unha estigmatización debido á súa discapacidade, considerando que no podían decidir por sí mesmas, infantilizándoas e impedindo o desenvolvemento da súa autonomía e independencia. 

 

O PROGRAMA DE CIDADANÍA EN FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA


O noso programa de cidadanía activa baséase no empoderamento das persoas con discapacidade intelectual, persegue a promoción da súa participación inclusiva na vida política e pública e a mellora do seu benestar físico e emocional.

Para cumprir este propósito organizamos actividades relacionadas coa defensa e protección dos dereitos e a autodeterminación, facemos xornadas e encontros para xerar coñecemento e compartir experiencias, poñemos en marcha iniciativas destinadas a mellorar o benestar físico e emocional, promovemos espazos informativos e formativos sobre sexualidade....

Asemade, tamén apostamos pola formación a profesionais de apoio e outros grupos de interese en temas como: autodeterminación, dereitos, participación pública, sexualidade, saúde, abuso... ao tempo que elaboramos materiais accesibles e contribuímos a crear un fondo documental para as persoas con discapacidade intelectual e/o do desenvolvemento, relacionado coa cidadanía.

Dentro deste programa destacan especialmente os gupos de persoas autoxestoras e os grupos de pensamento libre, ambos destinados ao fomento da libre expresión, o pensamento creativo e crítico e a participación social das persoas con discapacidade intelectual.