A persoa facilitadora no ámbito xurídico

A figura do facilitador no ámbito da xustiza: clave para o acceso a dereitos das persoas con discapacidade intelectual

En FADEMGA Plena inclusión Galicia cremos que as persoas con discapacidade intelectual

deben poder entender e participar en temas de xustiza.

Para iso, defendemos a figura do facilitador ou facilitadora no ámbito da xustiza.

Esta persoa axuda a que todos poidan comprender mellor

o que está a suceder e participar de maneira xusta.

 

Que é un facilitador ou facilitadora xudicial?

O facilitador ou facilitadora xudicial é unha persoa

que axuda ás persoas con discapacidade intelectual

a entender o que pasa nos procesos xudiciais ou legais,

como xuízos ou trámites importantes.

O facilitador ou facilitadora acompaña á persoa para que poida explicar as súas opinións,

decisións e desexos de forma clara e segura.

 

Para que serve o facilitador ou facilitadora xudicial?

O facilitador ou facilitadora axuda á persoa a:

  • Entender o proceso xudicial
  • Expresar o que pensa e sente
  • Participar no proceso
  • Recibir un trato xusto

 

Por que é importante ter un facilitador ou facilitadora xudicial?

En FADEMGA e Plena inclusión defendemos a figura do facilitador ou facilitadora xudicial

porque queremos que todas as persoas teñan dereito a entender e decidir

en cuestións importantes da súa vida.

Grazas a este apoio, as persoas con discapacidade intelectual

poden participar nos procesos legais en igualdade de condicións.

 

En que pode axudar un facilitador ou facilitadora xudicial?

O facilitador ou facilitadora axuda ás persoas con discapacidade intelectual en distintas situacións, como:

  • Procesos legais e trámites importantes.
  • Acompañamento en xuízos.
  • Decisións importantes.
  • Apoio emocional e práctico.

 

Apostar pola figura da persoa facilitadora

é apostar por unha xustiza accesible para as persoas con discapacidade intelectual

e por un sistema que respecte o seu dereito a ser escoitadas,

comprendidas e tratadas con dignidade,

garantindo que poidan tomar decisións informadas

e participar plenamente na defensa dos seus dereitos.

 

Algúns documentos para saber máis sobre a facilitación:

- La persona facilitadora en procesos judiciales

- Facilitador procesal: propuesta de desarrollo profesional de la figura

- Facilitador procesal: protocolo de actuación

- Informe: la facilitación en el acceso a la justicia

- 7 acciones para reducir barreras en el acceso a la justicia

- Informe: efectos colaterales de la Ley 8/2021