Emprego e formación

Traballamos pola plena inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Ter un emprego

é un dereito que temos todas as persoas,

teñamos ou non unha discapacidade. 

 

O emprego é unha das formas máis importantes

de conseguir a inclusión das persoas con discapacidade intelectual,

de mellorar a súa calidade de vida, a súa autonomía,

de promover a súa independencia,

de facilitar as relacións con outras persoas

e tamén de mellorar a súa autoestima.

 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia temos o obxectivo

de que cada vez máis persoas con discapacidade intelectual

podan acceder a un posto de traballo. 

 

Para elo a nosa federación ofrece diferentes servizos. 

Entre estes servizos destacan: 

  • Información e orientación laboral
  • Formación 
  • Apoios para o emprego
  • Fomento do emprego
  • Emprego público

 

O SERVIZO DE EMPREGO E FORMACIÓN DE FADEMGA


O noso servizo de emprego e formación

ten máis de 25 anos de experiencia

na defensa e na loita polos dereitos

das persoas con discapacidade intelectual

no ámbito laboral.

 

Defender os dereitos no ámbito laboral é: 

  • Defender o acceso ao mercado de traballo ordinario,
  • Reivindicar unha formación adaptada ao colectivo, 
  • Reivindicar máis prazas de emprego público,
  • Fomentar a creación e ampliación dos Centros Especiais de Emprego,
  • Concienciar sobre a importancia dos apoios no propio posto laboral,
  • Sensibilizar á sociedade da importancia de contar con empresas diversas, inclusivas e accesibles. 

 

Preme nesta ligazón e coñece os principais fitos do servizo!