Fomento do emprego
Asesoramos, orientamos e apoiamos

O obxectivo do servizo de fomento do emprego
é asesorar, apoiar e orientar iniciativas de emprego
que creen novas oportunidades de inclusión laboral
para as persoas con discapacidade intelectual.
Tamén ten como obxectivo
fomentar a creación e a sustentabilidade dos centros especiais de emprego
das entidades que pertencen á nosa federación.
QUE SERVIZOS PRESTAMOS?
- Realizamos acompañamento técnico na posta en marcha de novos proxectos empresariais que xeren emprego, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica e económica dos mesmos.
- Orientamos no acceso aos mecanismos de axuda a iniciativas empresariais e aos apoios financieiros e emprendedores.
- Detectamos oportunidades de negocio para empresas e investigación das posibilidades de desenvolvemento do territorio.
- Realizamos asesoramento e apoio para a creación de empresas, especialmente empresas de economía social (Centros Especiais de Emprego)
- Fomentamos a dinamización socioeconómica e empresarial no eido local.
SOBRE QUE TE PODEMOS INFORMAR?
- Asesoramento para a creación de Centros Especiais de Emprego e empresas de economía social.
- Incentivos á contratación por conta allea para o teu negocio.
- Incentivos á creación de empresas.
- Liñas de financiación subvencionadas para inciativas empresariais.

