Formación para o emprego

Preparándonos para un futuro de oportunidades!

O Servizo de formación para o emprego de FADEMGA

da resposta ás necesidades formativas do noso colectivo,

porque no mercado actual non hai formacións

adaptadas ás características das persoas con discapacidade intelectual. 

 

Dende Fademga ofrecemos diferentes modalidades formativas

que permiten aumentar as posibilidades de inclusión no mercado laboral

mediante a mellora das competencias educativas, ocupacionais,

sociais e profesionais. 

 

As nosas diferentes convocatorias de formación

están adaptadas ás necesidades de cada persoa.

 

Durante o ano pasado,

661 persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia

beneficiáronse dalgún tipo de formación,

a través das 63 iniciativas que desenvolvemos.

 

A FORMACIÓN PRELABORAL


A formación prelaboral da os coñecementos e habilidades necesarios

para buscar e manter un posto de traballo.

 

A través de varias accións de formación,

achegamos os coñecementos e recursos

que fagan posible a mellora da empregabilidade do colectivo.

 

A oferta adoita dividirse en 2 grupos: 

- Os cursos de formación prelaboral.

- O talleres específicos.

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS CO SERVIZO


Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións

relacionadas co servizo de formación para o emprego.