Emprego público
Fomentando o avance social das administracións

Despois de máis de 20 anos de traballo
no ano 2011 conseguimos un dos dereitos máis perseguidos polo colectivo:
o acceso ao emprego público.
A Administración Xeral do Estado publicou no ano 2011
a primeira convocatoria para persoas con discapacidade intelectual.
A esta iniciativa sumouse no ano 2016 a Administración galega,
coa convocatoria de 6 prazas de persoal subalterno.
Desde entón o avance foi imparable.
APOIOS PARA A CONSECUCIÓN DUN POSTO NA ADMINISTRACIÓN
Dende a Federación ofrecemos apoios integrais
para a preparación do proceso selectivo:
dende clases para a preparación dos exames
ata apoios para a formalización da solicitude
e alegacións a listas entre outros.
Tamén apoiamos ás persoas opositoras o día do exame,
acompañándoas ata o lugar onde se realizan as probas.
Durante o ano pasado 487 persoas con discapacidade intelectual
preparáronse coa nosa Federación en varios procesos selectivos.
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
Nesta ligazón podes consultar diferentes publicacións
relacionadas co eido do emprego público.
INTERESACHE PREPARAR UNHAS OPOSICIÓNS?
Escríbenos a orientacion.laboral@fademga.org
ou chámanos ao 981 566 676 e informarémoste!

