Sexualidade

Información, apoio e acompañamento en sexualidade

O servizo de asesoría sexolóxica de FADEMGA

chámase "ACENDE".

ACENDE é un espazo onde podes falar sobre sexualidade,

sentimentos, desexos e todo o que se relaciona

co benestar emocional e físico na túa vida íntima.

É un espazo seguro e confidencial,

onde poderás expresar as túas dúbidas ou inquedanzas.

 

ONDE E CANDO?

A asesoría realizarase en toda a comunidade autónoma.

Dependerá do lugar do que sexas e farase no sitio máis próximo a ti ou no que che resulte máis cómodo. 

Dispoñemos de horarios flexibles para que poidas elixir o mellor momento para ti.

 

POR QUE É IMPORTANTE A ASESORÍA SEXOLÓXICA?

Porque axúdanos a falar de maneira libre sobre sexualidade.

Axúdanos a comprender mellor os sentimentos e desexos.

Aprendemos a respectar os nosos límites e os dos demais.

Melloramos as nosas relacións afectivas e sexuais.

Resolvemos dúbidas sobre a túa orientación.

 

COMO PODES SOLICITAR AS ASESORÍAS?

Cubre esta ficha de autorización.

Se necesitas un apoio especial,

podes chamar ou escribir

ao seguinte número de teléfono:

683 43 00 12

 

QUEN PODE FACER USO DESTA ASESORÍA?

Todas aquelas persoas

con discapacidade intelectual

e as súas familias,

coa finalidade de dar resposta

ás súas necesidades.

 

CUSTO E PRAZO DO SERVIZO

As tres primeiras sesións son gratuítas. 

Podes solicitar esta asesoría durante todo o ano. 

 

Descarga aquí a información do Servizo.